Saturday 20 de April de 2024

Finalizadas as obras de ampliación da rede de saneamento da Veiga fase 2


Proximamente sairá a licitación as actuacións da fase 3

A área de infraestruturas do Concello de Cabanas informa do remate dos traballos de mellora da ampliación da rede de saneamento da Veiga Fase 2.

Esta obra enmarcada no proxecto de ampliación da rede de saneamento da Veiga, dividida en tres fases foi rematada esta mesma semana despois de unas obras complexas devido a súa localización preto do río Dana.

O importe da actuación foi de 89.939,30€ financiados con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, POS+2017, da Deputación da Coruña, e que foron realizadas pola empresa “Cancelo y Bouza Obras y Servicios SL”.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, así como a concelleira de servizos, Eva García, valoran a obra de “moi necesaria para a ampliación da rede de saneamento na parroquia de Porto”, e informan que “proximamente seara a licitación a terceira fase do saneamento a Veiga”.